Diseño, creación e venta de todo tipo de vestimenta e caretas de felo
carautas do entroido
Carautas do Entroido feitas a man, con oficio e respecto pola tradición. Cada peza ten personalidade propia, coidando a expresión, os acabados e a presenza que fan do felo unha figura única. Pensadas para vivir a festa na rúa… e para durar no tempo.
No obradoiro, ademais das carautas, tamén se traballa a terracota/barro cocido con creacións vinculadas ao Entroido. Son pezas artesanais, feitas con calma, coas que a tradición toma forma dun xeito distinto: máis decorativo, máis de colección, pero igual de auténtico.
Elaboradas no obradoiro: complementos funcionais, ben rematados e feitos con calma, respectando o material e o oficio. Cada peza está pensada para acompañarte no día a día, cun deseño sinxelo e duradeiro, e con ese toque único que só dá a artesanía.